30 Mayo Adegas Roandi (Entoma).
A Ruta Río Galir é unha experiencia perfecta para descubrir a beleza natural e o patrimonio fluvial de Valdeorras. O percorrido segue o curso do río Galir, un dos afluentes máis destacados do Sil, cuxas augas modelan unha paisaxe de gran valor ecolóxico e cultural.
A camiñada discorre entre bosques de ribeira formados por ameneiros e chopos, pequenas pontes e zonas de sombra que invitan ao descanso e á observación da natureza. Trátase dun entorno vivo onde se poden apreciar especies autóctonas e mesmo algunhas en perigo de extinción.
Atravesando un frondoso bosque salpicado de piñeiros, sobreiras e castiñeiros, o camiño lévanos a descubrir As Covas, dúas impresionantes galerías auríferas escavadas directamente nunha empinada parede vertical de arxila, onde antigamente se extraía o prezado ouro.
A ruta, chea de historia e natureza, resérvanos máis sorpresas: atopamos o miradoiro A Torrizota, que ofrece unha impresionante vista panorámica de Entoma e todo o seu val, un deleite para os ollos. Ademais, no traxecto pódense atopar as fontes de Valdeirexa e a Fonte do Veledo, esta última destacando por un pequeno pero constante chorro de auga ferruxinosa, un claro indicio da riqueza mineral do subsolo.
Unha xornada para gozar da paisaxe vitícola de Valdeorras, camiñando entre socalcos e finalizando cunha experiencia enoturística de primeira calidade.
Día de realización
Precio
Punto de encontro
Roupa cómoda
Ecoexperiencia
Visita e cata en bodega Roandi en Éntoma.
Ligazóns de interese
https://quedaenvaldeorras.com/
Condiciones generales de los viajeros
OTRAS POSIBILIDADES
Si lo que quieres es visitar otra zona, hacer algo exclusivo para un pequeño grupo de viajeros, un paquete de excursiones para varios días, o cualquier otra ruta que se te ocurra, pulsa el botón SUGERIR UN VIAJE y cumplimenta el formulario.
Sugerir un viaje